martes, 17 de octubre de 2017

OBRADOIRO ROBÓTICA "A inicial do noso nome"

Hoxe no OBRADOIRO traballamos con RATOBOT e o queixo. Tiñamos que deixar o queixo na nosa inicial e guiar a RATOBOT ata el. Fixémolo moi ben!!!



A BEEBOT quedou alimentándose para estar lista o próximo día! 

HOXE NA HORA DO CONTO ... CONTAMOS POESÍA!!!

A profe Fátima leunos o poema " Astronauta Espacial" de Carlos Fontes (Poemas con Piruleta 🍭 ). Gustounos moitísimo é o imos aprender para repasar os días da semana. 

viernes, 6 de octubre de 2017

miércoles, 4 de octubre de 2017

CHEGOU O OUTONO

Onte saímos da escola a pasear pola beira do río dos Gafos. Atopamos castiñeiros, carballos, millo, vides, e ata unha plantación de cabazas xigantes. Tamén vimos un muíño que a profe Conchita nos explicou que servía para moer e facer fariña. Pasamos por unha ponte e vimos que o río case non levaba agua. Pasámolo moi ben nesta primeira saída.





martes, 3 de octubre de 2017

TOCAN PRESENTACIÓNS NO OBRADOIRO DE ROBÓTICA: HOXE COÑECIMOS AO RATO

A abella robot ( BEEBOT) veu acompañada do seu amigo o Rato robot. 
Pasándolo moi ben... e aprendimos que ao rato robot tamén lle gusta o queixo. 





martes, 26 de septiembre de 2017

OBRADOIRO BEEBOT

HOXE COMEZAMOS O OBRADOIRO SEMANAL DE ROBÓTICA.TOCARON PRESENTACIÓNS: A BEEBOT PRESENTOUSE AOS NOVOS COMPAÑEIROS.




A HORA DO CONTO

Cada día despois do Recreo toca a hora do conto.
Un momento de relax, de atención, de aventuras, imaxinación...


viernes, 22 de septiembre de 2017

COMEZAMOS A LER!!!

HOXE COMEZAMOS O OBRADOIRO DE LECTURA.
CONTAMOS O CONTO DA "SERPE SUSANA", PRESENTAMOS AO REI "U" E OS MAIORES ESTREARON AS SÚAS LIBRETAS DE LECTURA.




martes, 27 de junio de 2017

MELLORAS AO REMATE DO CURSO, MÁIS VELOCIDADE, MELLOR CONEXIÓN

A PIQUES DE REMATAR OFICIALMENTE O CURSO ESCOLAR 2016/17 INSTÁLANOS UNHA MELLOR CONEXIÓN A INTERNET.
XA TEMOS GANAS DE INAUGURAR O CURSO 2017/18 !!!! 

lunes, 26 de junio de 2017

ÍMONOS DE VACACIÓNS

O agradecemento de todo o equipo docente ás familias pola súa colaboración e implicación neste curso. Esperámonos con novos proxectos e ilusións en setembro.

viernes, 16 de junio de 2017

UN ANO DE TRABALLO, UN ANO DE APRENDIZAXES

Está a rematar o curso e sentimos orgullo dos nosos cativos, das súas aprendizaxes e os seus progresos. 
Para mostra unha das nosas pequenas, xa toda unha experta dixital na Nube do CRA de Vilaboa. 

jueves, 8 de junio de 2017